Sistema nervioso: Que é e como funciona.

Sistema nervioso
O sistema mais complexo,
estades preparados?
O sistema nervioso é o encargado de analizar a información que nos chega do exterior a traves dos sentidos e de elaborar unha resposta.
O sistema nervioso CONTROLA TODAS E CADA UNA das  actividades do corpo.
Ten a importante misión de regular e coordinar as funcións do corpo.

O seu funcionamiento consiste en:
1º Captar información de todo o que ocorre, tanto no exterior como no noso corpo.
2ºTrasportar esa información ao encéfalo
3º O encéfalo analiza esa información e propón unha resposta,da unha orden.
4º Esa orde viaxa de novo polo sistema nervioso ata o órgano executor.
5º O órgano recibe a orde e execútaa.
Todo o sitema nervioso esta formado por unhas celulas chamadas neuronas, que van trasmitindo información de unha a outra creando unha grande rede de comunicación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sistema excretor: curiosidades